θυμέ, θύμ᾽ ἀμηχάνοισι κήδεσιν κυκώμενε,
ἄνα δέ, δυσμενέων δ᾽ ἀλέξευ προσβαλὼν ἐναντίον
στέρνον, ἐν δοκοῖσιν ἐχθρῶν πλησίον κατασταθείς
ἀσφαλέως· καὶ μήτε νικῶν ἀμφαδὴν ἀγάλλεο
μηδὲ νικηθεὶς ἐν οἴκῳ καταπεσὼν ὀδύρεο.
ἀλλὰ χαρτοῖσίν τε χαῖρε καὶ κακοῖσιν ἀσχάλα
μὴ λίην· γίνωσκε δ᾽ οἷος ῥυσμὸς ἀνθρώπους ἔχει
. . . . . . . . . .
– ^ – ^ – σὺ γὰρ δὴ παρὰ φίλων ἀπάγχεαι
67a D
Corazón, corazón, abafado en mágoas sen remedio, érguete, deféndete, failles fronte aos inimigos, opóndote con firmeza preto das insidias dos adversarios. Cando venzas, non te gabes publicamente, nin vencido, te laies sufrindo na casa. Senón alédate tanto nas ledicias como nos males aflíxete non de máis: decátate qué vaivén do destino domina aos seres humanos. . . . . . . . . . . . . . – ^ – ^ – Pois ti agora estás sendo esganado polos amigos.
Arquíloco de Paros é o primeiro escritor que usa as súas experiencias vitais e as súas propias emocións como materias da súa obra literaria. De acordo coas evidencias que o propio Arquíloco menciona nos seus versos, como a referencia a un eclipse de sol no 648 a. C. e a Xixes, rei de Lidia, en Asia Menor, entre 680-644 a C. a súa vida debeu transcorrer entre os anos 680 a. C. e 640 a.C. Sen embargo, hai que ter en conta que non existe consenso respecto das datas exactas nas que viviu. Foi fillo dun nobre chamado Telesicles e dunha escrava chamada Enipo, o cal marcou o decorrer da súa vida: a pobreza obrigouno a abandonar Paros e buscar fortuna no estranxeiro. Arquíloco marchou, pois, a Tasos, onde serviu como soldado, tal vez como mercenario, e máis tarde, de volta en Paros, participou na defensa da illa contra os ataques da veciña Naxos. Num destes enfrontamentos foi morto por un de Naxos chamado Calondas. Por todo o que sabemos, Arquíloco puido ser un personaxe turbulento.
No poema anterior Arquíloco preséntase, ao modo dun náufrago que resiste ante os ataques impetuosos do mar, como un supervivente, que ten que manterse a flote e resistir aos tempestuosos ventos e sobrevivir do mesmo xeito ca un soldado, enfrontándose no campo de batalla ante o exército inimigo. Dinos que disto se trata vida, dunha loita continua diante dos numerosos golpes das ondas que nos ten preparado o destino. onde o máis importante é erguerse despois de caer.