Γαλῆ καὶ Ἀφροδίτη.
Γαλῆ ἐρασθεῖσα νεανίσκου εὐπρέπους ηὔξατο τῇ Ἀφροδίτῃ ὅπως αὐτὴν μεταμορφώσῃ εἰς γυναῖκά. Καὶ ἡ θεὸς ἐλεήσασα αὐτῆς τὸ πάθος μετετύπωσεν αὐτὴν εἰς κόρην εὐειδῆ, καὶ οὕτως ὁ νεανίσκος θεασάμενος αὐτὴν καὶ ἐρασθεὶς οἴκαδε ὡς ἑαυτὸν ἀπήγαγε. Καθημένων δὲ αὐτῶν ἐν τῷ θαλάμῳ, ἡ Ἀφροδίτη γνῶναι βουλομένη εἰ μεταβαλοῦσα τὸ σῶμα ἡ γαλῆ καὶ τὸν τρόπον ἤλλαξε, μῦν εἰς τὸ μέσον καθῆκεν. Ἡ δὲ ἐπιλαθομένη τῶν παρόντων ἐξαναστᾶσα ἀπὸ τῆς κοίτης τὸν μῦν ἐδίωκε καταφαγεῖν θέλουσα. Καὶ ἡ θεὸς ἀγανακτήσασα κατ’ αὐτῆς πάλιν αὐτὴν εἰς τὴν ἀρχαίαν φύσιν ἀποκατέστησεν.
Οὕτω καὶ τῶν ἀνθρώπων οἱ φύσει πονηροί, κἂν φύσιν ἀλλάξωσι, τὸν γοῦν τρόπον οὐ μεταβάλλονται.
PARTICIPIOS | FORMAS PERSOAIS | ||
ἐρασθεῖσα | Participio de aoriso pasivo, en nom. sg, ferm de, ἔραμαι. | ηὔξατο | 3ª sing. aoristo medio, indicativo, de εὔχομαι. |
ἐλεήσασα | Participio de aoristo activo en nom. sg, ferm.. de ἐλεέω. | μετετύπωσεν | 3ª de sing. de aor. activo indicativo de μετατυπόω. |
θεασάμενος | Participio de aoristo medio en nom.sg. masc. de θεάω. | ἀπήγαγε | 3ª de sing. de aor. activo indicativo de ἀπάγω. |
Καθημένων | Participio de pres. medio en xen. plural de κάθημαι. |
ἤλλαξε | 3ª de sing. de aor. activo indicativo de ἀλλάσσω. |
μεταβαλοῦσα | Participio de aoristo activo en nom. sg. fem dε μεταβάλλω. | καθῆκεν | 3ª de sing. de aor. activo indicativo de καθίημι. |
ἐπιλαθομένη | Participio de Aoristo medio en nom. sg. fem. de ἐπιλανθάνω. | ἀποκατέστησεν | 3ª de sing. de aor. activo de indicativo ἀποκαθίστημι. |
ἐξαναστᾶσα | Participio de aoristo activo en nom. sg. fem. de ἐξανίστημι. | ἀλλάξωσι | 3ª de plur. de aor. activo subxuntivo de ἀλλάσσω. |
ἀγανακτήσασα | Participio de aoristo activo en nom. sg. fem. de ἀγανακτέω. | VARIA | |
ADXECTIVOS | ὅπως + subx. | Conxunción completiva. | |
εὐπρέπους | Χenitivo, sing. masculino de εὐπρεπής, -ές. | Καθημένων δὲ αὐτῶν ἐν τῷ θαλάμῳ. | Xentivo absoluto. |
εὐειδῆ | Acusativo sg. fem de εὐειδής, -ές. | γοῦν | Partícula restrictiva. |
INFINITIVOS | κἂν = καὶ + ἄν e subxntivo | Introduce unha oración adverbial concesiva. | |
γνῶναι | Infintivo de aoristo activo de γινγνώσκω. | ||
καταφαγεῖν | infinitivo de aoristo activo de κατεσθίω. | ||
Unha gata, namorada dun mociño fermoso, suplicou a Afrodita que a metamorfosease nunha muller. E a deusa, apiadándose da súa paixón, transformouna nunha moza de bo ver, e deste xeito tamén o rapaciño, ao vela, levouna consigo, namorado, á súa casa. Estando deitados eles no dormitorio , Afrodita, desexando coñecer se, cambiando o corpo, a gata tamén cambiara de condición natural, puxo un rato no medio. Esta, esquecéndose das circunstancias actuais, tras erguerse do leito, perseguía o rato coa intención de comelo. Pero a deusa, tras irritarse con esta, de novo a devolveu ao seu antigo aspecto.
Do mesmo modo tamén entre os homes, os malvados por natureza, aínda que muden o aspecto, en absoluto transforman o modo de ser.