Ἀνὴρ ναυαγός. Ἀτὰρ οὖν καὶ ἡμᾶς μετὰ τῆς τῶν θεῶν παρακλήσεως χρὴ καὶ αὐτούς τι ὑπὲρ αὑτῶν λογιζομένους δρᾶν. Ὅτι ἀγαπητόν ἐστι καὶ ἐνεργοῦντας θεῶν εὐνοίας τυγχάνειν ἢ ἑαυτῶν ἀμελοῦντας ὑπὸ τῶν δαιμόνων περισώζεσθαι. Τοὺς εἰς συμφορὰς ἐμπίπτοντας χρὴ καὶ αὐτοὺς ὑπὲρ ἑαυτῶν κοπιᾶν καὶ οὕτω τοῦ θεοῦ περὶ βοηθείας κοπιᾶν. |
|
O náufrago Un rico home ateniense estaba navegando con algúns outros. e ao producirse nese intre unha violenta treboada e ao afundirse a nave, os demais púñanse a salvo a nado, pero o ateniense, invocando incesantemente a Atenea, prometía mil cousas, no caso de que se salvase. Un dos que tiñan naufragado con el, nadando á súa beira, dicíalle: Xunto coa axuda de Atenea, move ti tamén a man. Así pois, cómpre tamén que nós, ademais da axuda dos deuses, fagamos algo, aínda que os teñamos en conta no noso favor. Porque así mesmo é preferible acadar a benevolencia dos deuses, estando activo, que, despreocupándose de si mesmos, ser salvado polas divindades. É necesario que estes que están a caer en desgracias non só se esforcen por si mesmos senón tamén que deste xeito traballen pola axuda do deus. |