| Ὁρῶ σε, ὦ Ἡράκλεις, ἀποροῦντα ποίαν ὁδὸν ἐπὶ τὸν βίον τράπῃ. ἐὰν οὖν ἐμὲ φίλην ποιησάμενος, [ἐπὶ] τὴν ἡδίστην τε καὶ ῥάιστην ὁδὸν ἄξω σε, καὶ τῶν μὲν τερπνῶν οὐδενὸς ἄγευστος ἔσει, τῶν δὲ χαλεπῶν ἄπειρος διαβιώσῃ. [2.1.24] πρῶτον μὲν γὰρ οὐ πολέμων οὐδὲ πραγμάτων φροντιεῖς, ἀλλὰ σκοπούμενος †δυέσῃ† τί ἂν κεχαρισμένον ἢ σιτίον ἢ ποτὸν ὕροις, ἢ τί ἂν ἰδὼν ἢ ἀκούσας τερφθείης ἢ τίνων ὀσφραινόμενος ἢ ἁπτόμενος, τίσι δὲ παιδικοῖς ὁμιλῶν μάλιστ᾽ ἂν εὐφρανθείης, καὶ πῶς ἂν μαλακώτατα καθεύδοις, καὶ πῶς ἂν ἀπονώτατα τούτων πάντων τυγχάνοις. [2.1.25] ἐὰν δέ ποτε γένηταί τις ὑποψία σπάνεως ἀφ᾽ ὧν ἔσται ταῦτα, οὐ φόβος μή σε ἀγάγω ἐπὶ τὸ πονοῦντα καὶ ταλαιπωροῦντα τῷ σώματι καὶ τῆι ψυχῇ ταῦτα πορίζεσθαι, ἀλλ᾽ οἷς ἂν οἱ ἄλλοι ἐργάζωνται, τούτοις σὺ χρήσῃ, οὐδενὸς ἀπεχόμενος ὅθεν ἂν δυνατὸν ᾖ τι κερδᾶναι. πανταχόθεν γὰρ ὠφελεῖσθαι τοῖς ἐμοὶ συνοῦσιν ἐξουσίαν ἐγὼ παρέχω. [2.1.26] καὶ ὁ Ἡρακλῆς ἀκούσας ταῦτα, Ὦ γύναι, ἔφη, ὄνομα δέ σοι τί ἐστιν; ἡ δέ, Οἱ μὲν ἐμοὶ φίλοι, ἔφη, καλοῦσί με Εὐδαιμονίαν, οἱ δὲ μισοῦντές με ὑποκοριζόμενοι ὀνομάζουσι Κακίαν.
|
Heracles, vexo que ti descoñeces qué camiño debes tomar ao longo da vida. Pois, se me fas a túa amiga, levareite por un camiño moi agradable e moi fácil, e non serás inexperto en ningún dos praceres, e vivirás libre de incomodidades. Pois, en primeiro lugar, non te vas preocupar de loitas nin de negocios, senón que †pasarás a vida† examinando que comida ou bebida agradable poderías atopar, ou que, vendo ou tocando, te agradaría, ou de que cousas, ulindo ou palpando, desfrutarías, con que mociños disfrutarías máis, estando na súa compaña, e como durmirías con máis pracer, e como obeterías todas estas cousas co menor traballo. no caso de que apareza algunha vez a sospeita da falta por media das cales resultarán estas cousas, non teñas medo de que eu te leve a conseguilas, traballando e esforzándote co corpo e a alma, senón que ti te servirás destas cousas, das que os outros se ocupan, non estando afastado de nada de onde sexa posible obter algunha ganancia. Pois procuro proporcionar riqueza de todos os lados aos que me seguen. Heracles, ao escoitar isto, dicía, muller, cal é o teu nome? Dicía, os meus amigos chámanme Felicidade, e os que me odian, denigrándome, danme o nome de Maldade. |
|
|
Representa a aparición de dúas mulleres ao mítico Hércules e a súa dúbida na elección entre unha e outra. De feito, Vicio, a moza cun vestido conciso e transparente, sinálalle o “camiño chairo” entre os naipes, as máscaras e os instrumentos musicais, mentres que Virtude, a muller vestida de vermello e azul, sinálalle a empinada subida dun monte no que se ve a Pegaso que o vai levar ao Olimpo. Na parte inferior da esquerda, un poeta inmortalizará as súas fazañas, asegurándolle fama imperecedoira. Hércules atópase na tesitura de ter que decidir que camiño debe escoller: o das artes ou o da fama. Neste caso el é o eixo de simetría nunha escena onde se contrapoñen dúas figuras femininas ou alegorías do ben e do mal. Como heroe aparece espido, cun corpo de forte complexión que se podería relacionar cos estudos anatómicos daquela época, apoiado na clava, o seu instrumento defensivo por excelencia e que, segundo Teócrito, conseguira dunha oliveira arrincada por el coas súas propias mans. A dobre vía está suxerida pola propia actitude das figuras femininas, contrapostas, unha de fronte, a outra de costas. Entre elas, o heroe escoita reflexivo as razóns de ambas as, que coa súa actitude marcan camiños opostos. Atenea sinala o camiño serpenteante e empinado que sobe cara ao cume da montaña, o da sabedoría, en tanto que Afrodita, coas súas formas sinuosas, indícalle o do pracer, moito máis sinxelo e alcanzable. Véxanse os instrumentos musicais ou a máscara xunto á deusa como alusión ao intranscendente e ás paixóns. A máscara debe interpretarse como símbolo da falsidade nas relacións carnais motivadas pola luxuria.
|
